Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Teatro Municipal de Tui acolle esta tarde a VI Gala do Deporte Tudense

23/02/2018

Entregaranse os Premios Deporte Tudense  e realizaranse distintas homenaxes a persoas e entidades vinculadas ao deporte

Ás 20.30h o Teatro Municipal de Tui acollerá a VI Gala do Deporte Tudense na que se recoñecerá o traballo dos deportistas, clubs, entidades ao longo do ano 2017.  O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a deputada de Deportes, Chelo Besada, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, os membros da corporación municipal de Tui, entre outras autoridades.

No transcurso da gala farase entrega dos Premios Deporte Tudense 2017 ao deportista masculino e feminino, deportista sub 23, deportista masculino e feminino promesa e veterano, club deportivo, club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial, e entidade colaboradora do deporte. Tamén se entregará o Premio Deporte Tudense Mención Especial e realizaranse unha serie de recoñecementos a entidades e persoas vinculadas ao deporte. O acto contará amais coa actuación musical do grupo Piscore.

O Teatro Municipal de Tui presentará un cheo esta noite xa que as butacas están xa completas coas invitacións remitidas aos máis de 40 clubs deportivos tudenses.