Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Teatro Municipal acolle este venres o espectáculo musical “A fiestra dos soños”

23/10/2018

A obra está baseada no libro de poemas ilustrados e musicados homónimo

Este venres, 26 de outubro, ás 20.00h o Teatro Municipal de Tui acolle o espectáculo musical “A fiestra dos soños” da compañía Trotaventos a Santiago.  O espectáculo de Manuel Boquete e Ramón Feans está baseado no libro de poemas ilustrados e musicados que da nome a obra,  “A  fiestra dos soños”. É un concerto para soñadores que permite ao público asistente achegarse a un  mundo máxico da man dos diferentes ritmos e compases.

O elenco está formado polos dous autores, Manuel Boquete coa guitarra e o baixo e Ramón Feans con guitarra, bouzouki, mandolina, teclados e programacións,  acompañados pola voz de  Nadia Fonseca, o acordeón de Roberto Grandal e Dani Riveiro a cargo da batería e a percusión.

É un espectáculo para o público familiar, cunha duración de 60 min e o prezo de 4 € e 3 para nenos e persoas con desconto. As entradas poden adquirirse a través de www.culturatui.info até o venres ás 12.00h ou o mesmo venres no despacho de billetes a partir das 18.30h.

Trotaventos con “A Fiestra dos soños”

  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Data: Venres, 26 de outubro, ás 20h
  • Prezos: 4€ e 3€
  • Entradas: á venda en www.culturatui.info até o venres ás 12.00h ou o mesmo venres no despacho de billetes a partir das 18.30h.