Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O sábado inaugúrase a exposición filatélica "Militaria" 2007

3/04/2007

O VINDEIRO SÁBADO INAUGÚARSE A EXPOSICIÓN FILATÉLICA “MILITARIA” QUE CONTA CUN MATASELO CONMEMORATIVO

O vindeiro sábado, 7 de abril, ás 12,30 horas terá lugar a inauguración da exposición filatélica “Militaria”, organizada polo Grupo Filatélico e Numismático Tudense coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui. A exposición pódese visitar ata o 16 de abril no edificio “Área Panorámica” de Tui no seu primeiro andar.

Esta tradicional mostra filatélica que se celebra anualmente, coincidindo coa festas de San Telmo, achéganos ao coñecemento de coleccións de carácter temático e aborda neste ano a presenza da temática militar nas edición filatélicas de España e outros países.

O mataselo conmemorativo desta exposición filatélica “Militaria” estará a disposición dos interesados o propio sábado 7 de abril de 12,30 a 14,00 horas e posteriormente nas Oficinas de Correos de esta localidade, en horario laboral, así como na “Ventanilla filatélica” na sede central de Correos en Madrid onde tamén será posible conseguir este mataselo da exposición.

Participan nesta exposición coleccionistas filatélicos de Tui, Pontevedra, A Coruña, O Rosal e Madrid. Salienta de xeito especial a presenza en Tui da mellor colección existente en España sobre temas militares: a colección propiedade de D. Francisco Rodríguez Trelles Pérez (q.e.p.d.) da Coruña cedida xentilmente pola súa familia.

Con esta mostra o Grupo Filatélico de Tui aborda unha temática estreitamente vencellada á nosa localidade que, tanto pola súa estratéxica posición como pola súa condición de capitalidade provincial, contou ao longo dos séculos coa presenza de destacamentos militares, hoxe representados pola dotación da patrulleira “Cabo Fradera” da Armada Española.

Para o concelleiro de Cultura tudense, Moises Rodríguez Pérez, é unha honra acoller una ano máis esta exposición filatélica que organiza o Grupo Filatélico e Numismático tudense co gallo das festas de San Telmo e que sempre resulta de grande interese pola calidades das coleccións de selos que se exhiben e que dinamiza á vida cultural da nosa cidade con motivo das festas patronais.