Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O sábado inauguración da exposición "Días extraños" de Rafael Calvo de Mora coa actuación do grupo "Ataque escampe" de Samuel Solleiro

16/05/2007

O VINDEIRO SÁBADO INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA “DIAS EXTRAÑOS” DE RAFAEL CALVO DE MORANa inauguración actuará  grupo “Ataque escampe” con Samuel Solleiro O vindeiro sábado 19 de maio ás 20,00 horas a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui será escenario da inauguración dunha nova exposición, neste caso a titulada “Días extraños” do artista Rafael Calvo de Mora.Este mostra reúne unha escolma de obras deste pintor que emprega diversas técnicas para realizar unhas obras cheas de imaxinación e de forza expresiva, dende unha mistura da figuración con representacións que nos lembran outros xeitos de expresión artística.Como complemento a este acto de inauguración poderemos disfrutar cun pequeno concerto do grupo “Ataque escampe” capitaneado polo polifacético escritor tudense Samuel Solleiro. Este grupo de “rock de serie B” como eles mesmos se definen está considerado como o grupo revelación deste ano e levan feitas numerosas actuacións nestas últimas datas dentro da súa xira “Bela Lugosi 2007”.ATAQUE ESCAMPE (Samuel Solleiro, Miguel Mosqueira, Roi Vidal e Alexandre Charlón) “son desenfado, cabreo e mordacidade. Moi interesante é o camiño que están a tentar abrir na música galega de autor. Hai moitas formas de contar e cantar as cousas, e eles optan pola menos aburrida de todas. Ese cóctel a base de intelixencia, descaro, denuncia e humor ten un fermoso sabor. Na sua música hai esa mistura sen complexos da que seguro estará feita a música do futuro. Son unha fermosa esperanza para a música galega”.Para a Concellería de Cultura tudense, que dirixe Moisés Rodríguez Pérez, esta nova exposición adicada á un autor tudense, neste caso Rafael Calvo de Mora, amosa a vitalidade artística da nosa cidade e a preocupación que ten o Concello en apoiar e incentivar aos novos artistas de Tui. Amáis neste acto de inauguración actuará a grupo compostelano “Ataque escampe” no que figura o escitor tudense e artista polifacético Samuel Solleiro. Para o concelleiro Rodríguez Pérez é unha grande satisfacción contar coa presenza deste novos valores da cultura da nosa cidade nesta nova cita cultural na Sala Municipal de Exposicións.