O sábado coa lectura do pregón e a coróación das raiñas comezan as festas de San Telmo
A coroación das raíñas e o pregón abren as festas de San Telmo este sábado Este sábado comezan as festas de San Telmo. Fano co acto solemne de coroación das raíñas infantil e xuvenil e co pregón das festas no Teatro Municipal. A raíña infantil é Andrea Rodríguez García e as súas damas Lucía Álvarez e Marta Rodríguez. A raíña xuvenil é Jessica Solleiro Bermúdez e as súas damas Ana Leirós e Isabel da Costa. Trala súa coroación terá lugar a lectura do pregón que corresponde este ano a Xabier Añoveros Trías de Bes. Pechará o acto o grupo “Xuntanza” de Randufe interpretando o himno galego. O sábado terá lugar a primeira verbena a cargo de Milenium. O domingo, segundo día de festas, a Agrupación Musical do Rosal ofrecerá un pasarrúas e concerto na Corredoira a partir das 12.30h, en caso de choiva será na Área Panorámica. Ás 17.15h no centro social haberá baile para os maiores amenizado polo grupo Sensación. E partir das 17.30h no Teatro Municipal de Tui celébrase o Festival Folclórico.
NOVIDADES NAS FESTAS DE SAN TELMO
As Festas de San Telmo 2008 presentan numerosas novidades con respecto a edicións anteriores. Vanse celebrar dende este sábado día 22 e até o luns 31 de marzo.
As festas foron presentadas onte á tarde polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, os concelleiros de Cultura e Turismo, Moisés Rodríguez e María José Rosada, e os membros da Comisión de Festas.
Unha das principais novidades é a desaparición da Festa do Meixón, que pola súa carestía e escaseza, deixa o lugar á Festa da Anguía que se celebrará o domingo día 30 dende ás 11 da mañá. Poranse á venda 2 mil racións ao prezo de 10€ nos que se inclúen 225 g de anguía frita rebozada en fariña e con pimentón, viño tinto Señorío de Rubiós, pan e cazola conmemorativa. A preparación corresponderá ao restaurador Jorge Lorenzo. O orzamento da festa da anguía ascende a 24 mil euros.
Outras novidades é a desaparición da FAIM que será substituída por unha feira monográfica dedicada cada ano a un sector diferente, e pasa a denominarse EXPOTUI. Este ano estará centrada na maquinaria agrícola, industrial e automoción e estará ubicada nos terreos exteriores do CEIP nº2 e o prezo da entrada é de 1€. O orzamento de EXPOTUI ascende a 6 mil euros.
A Feira dos Cabalos presentará este ano un emprazamento novidoso, coma serán os terreos da Veiga do Louro, e terá lugar o domingo día 30 e o luns día 31. Nestas dúas xornadas haberá distintas actividades relacionadas coa hípica.
As festas arrancan este sábado, ás sete da tarde, coa coroación das raíñas infantil e xuvenil, xa que este ano non haberá da terceira idade. A raíña infantil é Andrea Rodríguez García e as súas damas Lucía Álvarez e Marta Rodríguez. A raíña xuvenil é Jessica Solleiro Bermúdez e as súas damas Ana Leirós e Isabel da Costa.
Trala súa coroación terá lugar a lectura do pregón que corresponde este ano a Xabier Añoveros Trías de Bes. A partir de aí desenvolverase un amplo programa de actividades que se recollen no libro das festas. Un libro que este ano recolle 23 artigos de temática variada e dos máis diversos autores.
A parte musical das festas correrá cargo das orquestras que amenizarán as verbenas, das Bandas de Música de Tui, O Rosal e Valladares, e tamén da Banda de Música Sinfónica de Sagún, xunto a charangas e o karaoke que se celebrará o venres 28.
A comisión de festas de San Telmo quixo deixar constancia do seu agradecemento aos comerciantes e industriais pola colaboración prestada, agardando que a xente participe e que o tempo acompañe. A Comisión destaca que este ano hai dúas atraccións novas Boomerang e a Pala Terminator.