Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O próximo sábado 6 de outubro se celebrará a Andaina da Pedra Santa

4/10/2018

Será a última andaina do calendario de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença 2018

O próximo sábado, 6 de outubro, a partir das 09.00h (hora española), dende o aparcamento dos centros de remo e piragüismo de Tui, terá lugar a saída da última andaina do calendario de andainas saudables da Eurocidade. Será a  Andaina da Pedra Santa, cun percorrido aproximado de 9,5 quilómetros, de dificultade baixa e unha duración aproximada de tres horas, onde se falará da ponte romana do río Louro, dos muíños do Rendo e da lenda da Pedra Santa.

Como nas anteriores andainas, é obrigatoria a inscrición previa, a través da web do club, www.andatui.es, o enviando un correo electrónico ao enderezo caminhadas.andainas@gmail.com, cun custe de 5€ por persoa. Entre os participantes nesta andaina, se sorteará unha comida ou cea para dúas persoas e unha botella de viño.

Esta andaina pecha o calendario de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença 2018, que contou con sete percorridos ao longo do ano, cunha participación de ao redor de 500 persoas.

A Eurocidade Tui-Valença agradece o traballo realizado polos dous clubs organizadores destas andainas, o Club Andatui Rego da Pedra de Tui e o Club Celtas do Minho de Valença, así como a tódalas persoas participantes neste calendario de andainas saudables da Eurocidade.