Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O programa de formación Expertclick adíase para o 23, 24 e 26 de novembro

30/10/2020

Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos. É preciso inscrición previa. 

Adíase até o 23, 24 e 26 de novembro o programa de formación Expertclick que a próxima semana estaba previsto impartir en Tui.  Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos que a través desta formación en liña poderán aprender o uso de apps coma Whatsapp, cómo realizar videochamadas, facer tramitacións electrónica co seu banco , pedir unha cita para o seu médico por internet, ou empregar as redes sociais. Ao tempo adquirirán os coñecementos para navegar con seguridade e confianza na rede 

Este programa chega a Tui froito da colaboración entre o Concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios.

A formación realizarase o 23, 24 e 26 de novembro ás 10 h, cunha duración de hora e media cada xornada. 

Para participar é preciso ter ordenador e conexión a internet, pero para aquelas persoas que non conten este material o concello habilitará, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, un aula con 7 ordenadores que se cubrirán por orde de solicitude. 

Para impartir o curso é preciso ter un grupo mínimo de 12 persoas e máximo de 15. No caso de non cubrir as prazas poderán ser modificadas as datas nas que se vai impartir. 

As persoas maiores de 55 anos interesas en participar nesta formación de Expertclick deben enviar un correo electrónico a cfo@tui.gal, indicando o seu nome e apelidos, teléfono de contacto na mensaxe “Inscrición curso expertclick”. Este enderezo de correo será empregado para as comunicacións relacionadas co curso.