Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O programa Cultiva a Mente realiza a súa segunda edición en cinco parroquias tudenses

15/10/2020

Os obradoiros comezaron esta semana coa participación de oitenta persoas

Esta semana comezou a segunda edición do programa “Cultiva a Mente” froito da colaboración entre o Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras demencias de Galicia.

Oitenta persoas asisten unha vez á semana aos obradoiros que teñen lugar en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns.  Durante hora e media realizan técnicas de memoria, reciben consellos saudables ao tempo que se fomenta a socialización e as emocións positivas. Este ano amais coma novidade abordarán tamén o uso das novas tecnoloxías.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, achegáronse onte ao Centro Cultural de Areas onde tiña lugar o primeiro dos obradoiros obradoiros na parroquia desta nova edición.  O alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalou o compromiso do goberno municipal de trasladar este tipo de actividades ao rural , dando resposta á necesidade de cohesionar as parroquias e atender as necesidades das persoas que alí viven. O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, destacou o éxito da actividade q e acollida que tivo tanto a primeira edición coma esta segunda. Pola súa parte o presidente de AFAGA, Juan Carlos Blanco, salientou que “Cultiva a mente” un proxecto innovador que apostaron por manter con todas as medidas de seguridade derivadas da actual situación de pandemia.

Os grupos en cada unha destas parroquias están completos pero estase a confeccionar lista de agarda para cubrir as prazas vacantes que se poidan rexistrar. Por iso as persoas interesadas poden cubrir o impreso de solicitude, accesible en tui.gal, e presentalo por rexistro de entrada na casa do concello.