Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O mércores 30 o Centro Coreográfico Galego presenta no Teatro Municipal o "Kiosko das Almas Perdidas"

29/04/2008

Mañá chega a Tui o “Kiosco das almas perdidas”

A cidade acolle unha das dez representacións que haberá en Galicia 

Martes, 29 de abril.

O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá a partir das 21h o “Kiosco das almas perdidas” a cargo do Centro Coreográfico Galego. Está será unha das dez funcións que deste espectáculo multidisciplinar se poden disfrutar en Galicia, xa que tan só dez municipios foron os escollidos para levar a escena a obra. No caso de Tui a boa acollida que tivo “Vacuo” propiciou que o Centro Coreográfico apostase de novo pola cidade.

 O “Kiosco das almas perdidas” é unha creación de Roberto Oliván, baseándose no lugar do mesmo nome que existe na cidade de Vigo.  Esta peza, ao longo de 75 minutos, fusiona a danza,o teatro, a música en directo, o ilusionismo, o vídeo e a animación, conformando un punto de partida a unha xeración de “Almas perdidas”. 

Once bailaríns conforman o corpo de baile do espectáculo no que o espazo sonoro foi creado por Mercedes Peón. A asesoría máxica foi compartida polo Mago Antón e Lipar Company, mentres que o creador do espazo escénico foi Rodrigo Roel. Erick Jimenez, axudante de dirección, está a levar as rendas do espectáculo nesta xira. As entradas para este espectáculo poranse á venda mañá mércores, na billeteira do Teatro, a partir das 16.30h ao prezo de 6€, cos descontos habituais.  

O Centro Coreográfico Galego con “Kiosco das Almas Perdidas”

Data: Mércores 30 de abril ás 21h

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Prezos:  6€ -  4,5€ con desconto – 3€ os menores de 12 anos

Recomendada: A partir dos 12 anos

Duración: 75 minutos