Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

o mércores 2 de maio contacontos para rapaces na Biblioteca Municipal

1/05/2007

A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa desenvolvendo o seu programa de actividades do “Mes dos libros” que abrangue dende o pasado 23 de abril ata o vindeiro 17 de maio, e que comprende diversas actividades de animación á lectura e extensión bibliotecaria dirixidas aos diversos sectores de usuarios.


Así o vindeiro mércores, 2 de abril, ás 18,30 horas, a Biblioteca tudense acollerá unha especial sesión de contacontos, pois desta volta serán os propios rapaces os que xunto coa responsable deste obradoiro, a animadora Ilda Amoedo, representen os contos. Neste caso serán, por unha banda, a tradicional historia de “A ratiña presumida” e de seguido unha historia orixinal creada pola propia animadora.

O concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, convida aos rapaces do concello a participar nesta actividade coa seguridade de disfrutar coa lectura e os contos. Por outra banda, Rodríguez Pérez amosa a súa satisfacción pola programación de actividades presentada pola biblioteca tudense para este “Mes dos libros” que salienta pola diversidade de propostas e actividades que formulou a biblioteca pública municipal de Tui