Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O goberno municipal leva ao vindeiro pleno a partida para a realización dunha auditoría e elaboración de procedementos do Departamento de Urbanismo

18/10/2018

Na sesión plenaria tratarase o expediente de crédito extraordinario por importe de 16.698€ para o seu financiamento.

O Concello de Tui elaborará un “Catálogo de procedementos administrativos e un proceso de mellora na Área de Urbanismo”. O obxectivo é mellorar na organización dos medios necesarios, para reducir os prazos na tramitación  administrativa e minimizar as incidencias derivadas do servizo de urbanismo.

A elaboración deste catálogo ten un custo de 16.698€, para os que non existe actualmente consignación orzamentaria, polo que será levado ao pleno ordinario deste mes de outubro para o financiamento deste traballo.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín considera moi importante que se poida auditar o departamento de Urbanismo e que do diagnóstico desa auditoría partan as actuacións necesarias para lograr un departamento de Urbanismo que tramite con axilidade todos os asuntos que lle competen. Gran parte da actividade económica do concello pasa por urbanismo, o seu mal funcionamento afecta moi negativamente á economía local e cómpre pórlle remedio, pero para iso precisase un diagnóstico obxectivo e profesional que determine a situación e propoña remedios.