Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Festival Arraianos celebra esta fin de semana a súa terceira edición

29/08/2018

Comezará o venres ás 20h, e prolongarase até última hora do domingo

Na mañá de hoxe no salón de sesións da casa do concello de Tui tivo lugar a presentación da terceira edición do festival Arraianos, que se celebrará en Tui dende este venres, 31 de agosto, ata este domingo, 2 de setembro.

A presentación correu a cargo do alcalde Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e a directora do festival, Andrea Costa.

A apertura do festival e do mercado medieval será o venres, as 20.00h, continuarán cun teatro medieval na zona do mercado e ceas de taberna, na praza da Fromista para a que hai que reservar praza. Rematará a primeira noite con Noite de Donzela as 23:30h na Praza de San Fernando.

O sábado as 12:00h abrirá o Mercado Medieval e dúas sesión de teatro medieval as 12:30h e 17:30h, ambas na zona do mercado. As 18:30h haberá a conquista do Miño, as 20:00h cortexo medieval e as 21:00h voda medieval. Para a noite hai dúas alternativas,  “noite das curuxas” ou festival medieval zombie.

O domingo abre cunha conferencia baixo o título “O Tui do S. XV”, as 13:00h, 17:00 e 19:00h haberá teatro medieval e as 18:00h  e 19:30h visita teatralizada “ A toma Irmandiña de Tui”.  O festival rematará con “Noite do Escudeiro” na praza de San Fernando.

O concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, e o alcalde, Carlos Vázquez Padín destacaban na presentación esta mañá a importancia deste festival xa que pon en valor o conxunto histórico de Tui e mostraban o seu apoio dende o Concello a iniciativas deste tipo.