Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O escultor Carlos Oliveira realizrá un obradoiro de cerámica o vindeiro mércores 8 de agosto

3/08/2007

O ESCULTOR CARLOS OLIVEIRA REALIZARÁ UN OBRADOIRO  CERÁMICO O VINDEIRO MÉRCORES 8 DE AGOSTO 

Para clausurar a exposición de cerámica e escultura que baixo o nome de “A tera, a cor e o fogo” presenta o escultor portugués Carlos Oliveira na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui o vindeiro mércores 8 de agosto o artista realizará un obradoiro de cerámica para todas as persoas interesadas.

En concreto, está previsto que o artista Carlos Oliveira realice senllos obradoiros:-         ás 12,00 horas unha actividade dirixida aos máis cativos, ata os 13 anos de idade.-         Ás 13,00 horas realizará unha nova actividade desta volta orientada aos interesados con máis de 13 anos de idade.A inscripción e gratutita e se realizará por riguroso orde de inscrición. As persoas interesadas terán de cubrir a correspondente ficha na Biblioteca Municipal de Tui en horario de 09,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,30 horas, asi como os sábados de 09,00 a 13,00 horas. O número máximo de participantes en cada quenda é de 12 persoas.O Concelleiro de Cultura do Concello tudense, Moisés Rodríguez Pérez, quere expresar o seu agradecemento ao artista portugués Carlos Oliveira que colabora de xeito desinterado na realización desta actividade coa que se procede á clausura da súa exposición na nosa cidade. Por outra banda, o cocelleiro Rodríguez Pérez, salienta o interese desta actividade que tenta achegar unha técnica artística ao público tudense, para deste xeito poder comprender mellor a mostra de cerámica e escultura que presenta Carlos Oliveira.Carlos Oliveira é natural da cidade lusa de Caldas da Rainha e comezou a súa formación no Cercal en 1981 nás áreas de deseño baixo a dirección dos mestres Artur Lopes, Armando Correia e Herculano Elias. No ano 1989 crea o seu propio obradoiro onde posue todas as condicións para desenvolver o seu traballo creativo.O artista ten xa un longo percorrido creativo no que cómpre sinalar, entre outras, as seguintes obras: o panel cerámico do Edificio Quadrante, o monumento en bronce de homenaxe ao Bombeiros de Oleiros, a escultura en honra á “Mae Gandareza”, o monumento de homenaxe á Misión KFOR portuguesa en Kosovo do ano 2006, etc. Como sinala o propio artista com a terra, a cor e o fogo a súa producción artística é un himno á armonia, á paz, á comprensión e ao diálogo entre os homes.