Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas reunións cos veciños de todas as parroquias do municipio

13/02/2019

Esta semana celebra xuntanzas cos veciños de Pazos de Reis e Paramos  

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades.  Esta semana a cita será o venres, día 15, ás 20.30 no edificio de A Macoca cos veciños de Pazos de Reis. O sábado, 16 de febreiro, a reunión será cos veciños de Paramos,  as 20.30h na Casa Cultural de Paramos.

Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.