Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas reunións cos veciños das parroquias de Tui

21/02/2019

Esta semana reuniranse cos veciños de Rebordáns

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades. Despois de reunirse cos veciños de Malvas, Pazos de Reis, Areas e Paramos, esta semana a cita será o sábado, 23 de febreiro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns.

Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.