Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Enterro do Bacallau despide este domingo en Tui o Entroido 2018

16/02/2018

Sairá ás 19.30h da praza de San Fernando e rematará no aparcamento municipal

Este domingo despídese en Tui o Entroido coa celebración do Enterro do Bacallau. Centos de persoas partirán ás 19.30h da praza de San Fernando, percorrendo as rúas Seixas, Ordóñez, Paseo da Corredoira, Camilo José Cela, e rematando na traseira da Área Panorámica. No mesmo estarán presentes as comparsas que o luns 12 participaron no Desfile  Concurso de Entroido.

Debido á celebración do Enterro do Bacallau o o domingo estará pechada e non se poderá estacionar no tramo do Paseo da Corredoira dende o cruzamento coa rúa Augusto González Besada de 14h a 21h, e o aparcamento municipal, na traseira da Área Panorámica, permanecerá pechado o domingo de 10 a 22h.