Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello saca a concurso a adxudicación do servizo de transporte adaptado para persoas de mobilidade reducida cun investimento de 46.000 €

25/10/2006

O Concello saca a concurso a adxudicación do servizo de transporte adaptado para persoas de mobilidade reducida cun investimento de 46.000 €
Edicto.
De conformidade co artigo 326 da Lei 5/1997,
da Administración local en Galicia, anúnciase o
seguinte:
Edicto de contratación, por concurso, polo procedemento
aberto, para a adxudicación do servizo
de transporte adaptado para persoas con mobilidade
reducida do concello de Tui, cun orzamento total
de execución contrta de 46.000 A, incluído IVE.
As proposicións referidas á expresada licitación
poderán presentarse nas oficinas deste concello no
prazo de 8 días naturais, en horario das 9.00 ás
14.00 horas, a partir da última publicación do edicto
no BOP e DOG, podéndose examinar e obter documentación
e información, así como o prego de condicións
económico-administrativas que rexerá o concurso.
O sábado presentarase das 9.00 ás 13.00
horas. De coincidir o último día en festivo, o prazo
para a presentación das propostas rematará o primeiro
día hábil seguinte.
Tui, 11 de outubro de 2006.
Publicado no Diario Oficial de Galicia de 25 de outubro de 2006