Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello organiza dous campamentos urbanos en agosto

12/06/2009
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui organiza para o mes de agosto os Campamentos urbanos dirixidos a nenos e nenas de 3 a 15 anos. As prazas que se ofrecen son limitadas, un total de 150, e a inscrición poderase facer do 22 ao 30 deste mes nas oficinas do Concello. Unha das novidades deste ano será que os participantes terán que aboar 10€, e coma en anteriores edicións manteranse os autobuses gratuítos dende as parroquias para achegar aos nenos ás actividades.

    A oferta estruturase este ano en dous campamentos. O primeiro deles denomínase Campamento de Primaria e vai dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Celebrarase os luns, mércores e venres de 10.30 a 13.30h. Nese tempo os participantes farán teatro, excursións, deportes, danzas do mundo, así coma un obradoiro de artesanía, e xincanas e xogos de auga.

    O outro titúlase "Campamento acuático" e oferta actividades de remo e piragüísmo para nenos de 9 a 15 anos. E actividades acuáticas na piscina municipal en dous grupos un de iniciación para nenos e nenas de 3 a 6 anos, e outro de 7a  12 anos. Este terá lugar os luns, mércores, e venres de 11.30 a 13h.

    Estes campamentos foron presentados onte á mañá polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e a Concelleira de Servizos Sociais, Educación e Muller, Patricia Ricón.

    A Concelleira explicou na súa intervención que este é un servizo que se quere ofrecer aos nenos non só como entretemento senón tamén para fagan deporte, se apunten a un estilo de vida saudable, e aprendan novas experiencias.

    Pola súa parte o Alcalde de Tui explicou que esta actividade ten un orzamento de 11.760€ dos que 5 mil serán aportados pola Deputación de Pontevedra.

    Lembramos que o prazo de inscrición ábrese o luns día 22.

(Tomado de www.galiciasuroeste.info)