Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui solicita a inclusión dunha partida de 100 mil euros nos Presupuestos Generales para financiar un concurso para a redacción do proxecto de rehabilitación do Teatro Principal

16/01/2019

Pide aos grupos parlamentarios que apoien esta proposta. Este é un paso previo necesario de cara a rehabilitación do inmoble

O Concello de Tui tense dirixido aos grupos parlamentario de PP, PSOE, PODEMOS (En Marea) e Ciudadanos solicitando que apoien a inclusión nos Presupuestos Generales del Estado dunha partida de 100.000€  que permita financiar un concurso para a redacción do proxecto de execución da reconstrución do Teatro Principal de Tui.

Dende o Concello explícase que o proxecto redactado en 1986 non é válido na actualidade dado o cambio que se ten producido na normativa, así coma debido á degradación que o inmoble sufriu o longo deste tempo.  Apuntan amais que a redacción deste proxecto é o paso previo para que o Teatro Principal – propiedade municipal - poida ser rehabilitado nos anos 2020 ou 2021 con cargo ao capítulo 6 de investimentos do Ministerio de Fomento.

Dende o Concello enviaráselle tamén copia desta solicitude á Dirección General de Arquitectura.