Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui participará por vez primeira nas "Xornadas Europeas da cultura xudea"

30/06/2008

O CONCELLO DE TUI PARTICIPARÁ POR VEZ PRIMEIRA NAS XORNADAS EUROPEAS DA CULTURA XUDEA

Terán lugar no primeiro fin de semana de setembro

O Concello de Tui participará neste ano por vez primeira na celebración das “Xornadas Europeas da cultura xudía” que acadan neste 2008 a súa novena edición e que terán lugar na primeira fin de semana do mes de setembro, concretamente os días 6 e 7 de setembro.

Esta actividade esta organizada en España pola “Red de Juderías de España” que integra a 21 municipios de todo o territorio español. O Concello de Tui interesado en poñer en valor o noso conxunto patrimonial ten o desexo de integrarse neste organismo e como un primeiro paso foi convidado a participar coma entidade colaboradora nesta xornada e iniciar deste xeito unha andaina cara a unha ulterior adhesión a esta organización.

Cada ano os museos xudeus de Europa así como as institucións relacionadas coa cultura xudía, celebrar un día no que queren chamar a atención sobre a mesma programando diversas actividades para a difusión deste legado histórico e cultural.

A Concellería de Cultura tudense ten previsto celebrar senllas visitas guiadas co gallo desta xornada. Por unha banda, unha visita ao conxunto de “sambenitos” custodiados no Museo Diocesano e por outra banda aos vestixios xudeus que aínda se conservan no noso conxunto monumental.

A cidade de Tui conserva un amplo conxunto patrimonial que agocha numerosos vestixios da presenza dos xudeus na nosa historia ou que teñen deixado a súa pegada no nome de senlleiras personalidades como o médico e filósofo Francisco Sánchez.

Para o concelleiro de cultura de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración desta xornada é un primeiro paso de cara a unha futura integración da Red de Juderias e contribuirá moi eficazmente a promoción turística e cultural da nosa cidade.

Moisés Rodríguez informa que xa no ano 2006 dirixirase oficialmente á Secretaria da Red de Juderías para solicitar a adhesión da nosa cidade esta agrupación, solicitude reiterada por escrito o pasado ano 2007. Non se acadara unha desposta concreta as petición do Concello tudense pois na actualidade existe un acordo da Asamblea da Red de Juderías pola que establece unha moratoria na adhesión de novos membros, ficando unicamente a posibilidade de colaborar coa Red de Juderías en actividades puntuais como é neste caso no tema da Xornada europea da cultura xudía, na realización de exposicións, etc. Neste sentido, informa o Concelleiro de Cultura tudense, se traballa nestas liñas de cooperación de cara a facilitar unha colaboración coa Red de Juderías que posibilite unha integración na mesma cando se acorde o levantamento da devandita moratoria.

Para o Rodríguez Pérez a celebración desta Xornadas contribuirán á posta en valor do noso conxunto patrimonial, ao coñecemento da nosa historia e a comprobar como o noso patrimonio cultural é o principal recurso promocional da nosa cidade.