Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Centro Coreográfico Galego ofrece en Tui obradoiros de danza gratuitos

2/04/2008

O Centro Coreográfico Galego ofrece en Tui obradoiros de Danza gratuítos

A inscrición débese facer do 1 ao 4 de marzo

Venres, 28 de marzo. O Centro Coreográfico Galego, coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui, vai ofrecer na cidade obradoiros de danza gratuítos para divulgar a danza contemporánea entre o público galego. Esta actividade precederá a representación en Tui do espectáculo “O Kiosco das almas perdidas” dirixida por Roberto Oliván, con música de Mercedes Peón e a colaboración doutros artistas galegos.

Con estes obradoiros o público en xeral entrará en contacto cos códigos da danza contemporánea, posibilitando un achegamento puntual á peza programada e propondo un vocabulario básico que permita comunicarse co imaxinario creativo de Roberto Oliván.

Os obradoiros de danza celebraranse entre o 26 e o 30 de abril, cunha duración que durará entre 1 e 2 horas, dependendo do colectivo, e en horario a concretar entre os participantes, cun máximo do 20 alumnos por clase. Para participar non existe ningún límite de idade.

As persoas interesadas en participar nestes obradoiros de danza contemporánea débense inscribir no Departamento de Cultura do Concello, ou no 986.60.36.25 ext. 6 do 1 ao 4 de abril en horario de mañá.