Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O CDG presenta en Tui a “A boa persoa de Sezuán” de Brecht. Haberá dúas funcións a primeira o venres ás 21.30h e a segunda o sábado ás 20.30h

13/11/2008

O CDG presenta en Tui a "A boa persoa de Sezuán" de Brecht

Haberá dúas funcións a primeira o venres ás 21.30h e a segunda o sábado ás 20.30h

 

Mércores, 12 de novembro de 2008.  "A Boa persoa de Sezúan" é  o título do espectáculo que este venres e sábado presenta o Centro Dramático Galego no Teatro Municipal de Tui.

 

Trátase da obra escrita polo dramaturgo alemán Bertolt Brecht en 1940, pero que nesta versión do CDG é un texto totalmente actual do século XXI.

 

O espectáculo foi presentado esta mañá polo Concelleiro de Cultura de Tui, Moisés Rodríguez, xunto á Directora do CDG, Cristina Domínguez, e dous actores da obra Mónica García e Hugo Torres.

 

"A boa persoa de Sezuán" é un espectáculo comprometido e vivo, é 100 % e do século XXI segundo explicaba Cristina Domínguez. Engadía a directora do CDG que neste proxecto da temporada 2008/2009 buscaron que houbese un equipo galego-portugués, logrando un elenco con moito talento dirixido por Nuno Cardoso.  Gababa a labor comprometida feita polo actores cunha interpretación que cualificaba de "magnífica". E salientaba para presentar a Bertolt Brecht buscaron "un volume acorde coa importancia do autor".  Cristina Domínguez  aproveitou a súa presenza na cidade para manifestar que "o traballo que se está facendo en Tui en cultura é exemplar" engadindo que "Tui está á cabeza dos lugares ben xestionados".

 

Mónica García, actriz galega, expresou que é un luxo estar neste espectáculo por representar unha obra de Brecht, por traballar con Nuno Cardoso coma director, e polo equipo de actores cos que comparte o traballo, que cualificaba de moi importante e onde todos teñen que dar o 100%.

 

Mentres Hugo Torres, actor portugués, tamén amosaba que é un privilexio traballar co CDG recen chegado a Galicia, e de Nuno Cardoso, con que ten traballado xa noutras ocasión sinalaba que ten unhas características moi persoais.

 

O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, aproveitou a presenza de Cristina Domínguez en Tui para felicitala polos 25 anos de actividade que cumpre o Centro Dramático Galego, así como "polo traballo serio e responsable" que están a facer. Engadía que o espectáculo desta fin de semana é unha aposta máis do Concello pola programación cultural salientando o feito de que haberá dobre función. Animaba ao público a que siga respondendo até o de agora, porque a súa presenza no teatro é, segundo dicía, o mellor pago. Tamén adiantaba Moisés Rodríguez que no Teatro se están a investir 50 mil euros en diverso material para mellorar o seu equipamento.

 

A representación de "A boa persoa de Sezuán" terá lugar este venres ás 21.30h e o sábado ás 20.30h no Teatro Municipal. As entradas poranse á venda ao prezo de 9€, 7€ con desconto e 5€ para menores de 14 anos. O despacho de billetes o venres comezará ás 20h e o sábado a partir das 19h.

 

Promoción nos IES de Tui

 

Co obxectivo de promocionar os espazos CDG o Centro Dramático Galego e a compañía Pistacatro vai facer dous pases o venres pola mañá dunha pequena función móbil de vinte minutos de duración. Está realizada a partir de fragmentos da obra Ringorrango mesturándose na mesma novo circo, ritmo, música e humor para comunicar aos estudantes que a escena é algo próximo, divertido e sorprendentes.  As funcións terán lugar ás 10.25 no IES Francisco Sánchez, e ás 12.25 no IES San Paio.

 

CDG con "A boa persoa de Sezuán"

Data:

Venres  14 de novembro ás 21.30h

Sábado 15 de novembro ás 20.30h

Lugar: Teatro Municipal de Tui, rúa Colón nº2 de Tui

Venda de Entradas: hora e media antes da función

  no despacho de billetes de Área Panorámica

Prezos: 9€ - 7€ con desconto - 5€ menores de 14 anos