Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O alcalde recibiu onte carta da ministra de Política Territorial na que da conta do traslado das súas solicitudes á Secretaria de Estado para a súa contestación en breve

9/11/2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, recibiu onte unha carta da ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxel Batet,  na que lle comunica que tras recibir as cartas remitidas dende o Concello de Tui de data de 3 de outubro e 6 novembro, deu traslado das mesmas á Secretaría de Estado de Politica Territorial, para que dean resposta á maior brevidade posible.

O alcalde recibiu por adiantado esta misiva da ministra por correo electrónico, onde se anticipa o contido do documento que chegará por correo postal nos próximo días.

Na carta remitida dende o Concello de Tui o pasado 3 de outubro o alcalde, Carlos Vázquez Padín, solicita entrevista coa ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxel Batet, ao tempo que lle fai chegar o proxecto de desentullo da zona de cero de Paramos, e lle expón as graves consecuencias que tivo a explosión do pasado 3 de maio. Fai fincapé na necesidade de que o desentullo se acometa canto antes para que os veciños poidan inicia a reconstrución das súas casas.

Mentres na carta enviada esta mesma semana, que o alcalde presentou persoalmente no ministerio este mércores, o mandatario tudense urxe á ministra de Política Territorial o á concreción dunha data para o inicio do desentullo, conforme ao proxecto que o 10 de setembro presentou na subdelegación do goberno en Pontevedra, e que esta a súa vez enviou a Madrid.  En concreto o alcalde solicita ao Ministerio a contratación, á maior urxencia posible, a través dunha empresa pública dos labores de desentullo da zona cero.