Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui visitou hoxe as instalacións do refuxio de animais onde viven actualmente 85 cans

23/10/2020

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitou esta mañá o refuxio de animais situados en Guillarei onde a Protectora de Animais Aloia atende na actualidade a 85 cans. O rexedor tudense comprobou as últimas obras de mellora realizadas na estrutura e tellado dos canís, que redundaron nunha mellora da seguridade e do benestar dos animais.  

A Protectora de Animais Aloia leva recollido no que levamos de ano un total de 50 cans. Amais dos 85 que están no refuxio conta amais con outros 40 en casas de acollida, correndo esta asociación de voluntarios con todos os gastos dos mesmo. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceulles o importante labor que realizan.