Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui reúnese o sábado cos veciños afectados pola catástrofe de Paramos

8/11/2018

Será ás 11h no Centro Cultural de Guillarei

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase este sábado cos veciños afectados pola catástrofe de Paramos. Será en asemblea que convoca para este sábado, 10 de novembro, ás 11h no Centro Cultural de Guillarei.

O obxectivo desta reunión é informar do resultado da viaxe a Madrid que realizou esta semana. Tamén aproveitará para repasar as últimas medidas adoptadas polo concello relacionadas coa catástrofe de Paramos, dando conta da situación actual.