Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Novo calendario fiscal

3/06/2020

O Boletín Oficial da Provincia recolleu o luns, 25 de maio, o novo calendario fiscal para o cobro de tributos e prezos públicos que o ORAL ten delegados por parte de distintos concellos da provincia, entre eles Tui. 

Este novo cendario fiscal,que rexerá de xuño a decembro, afecta aos tributos e prezos públicos naqueles concellos e entes que teñan delegados os seus cobros ao ORAL. En concreto é do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e diferentes taxas e prezos públicos municipais.

Estableceuse un Plan de Pagos Personalizados COVID-19, habilitado para facilitar o pago fraccionado das cotas do recibo correspondentes ao Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), no período voluntario de pagamento. 

Para acollerse a este Plan de Pagos Personalizados COVID-19 as persoas interesadas deberán presentar a solicitude antes do 15 de xuño a través da oficina virtual do ORAL (https://ovt.depo.gal) ou a través do resto de sistemas regulamentados na Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas co modelo normalizado. O pagamento realizarase en ata 6 mensualidades sen existir unha contía mínima no importe de cada prazo. 

O periodos voluntarios de pago fixados no novo calendario fiscal son:

  • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica:  do 15 de xuño ao 3 de setembro

  • IBI: do 25 de xuño ao 5 de novembro

  • IAE, do 4 de setembro ao 16 de novembro

  • Taxas e prezos públicos:

    • 1ª Cobranza: ata o 22 de xuño

    • 2ª Cobranza: do 15 de xullo ao 15 de setembro 

    • 3ª Cobranza: do 16 de setembro ao 16 de novembro

    • 4ª Cobranza: do 30 de outubro ao 30 de decembro 

A data dos cargos domiciliados ao abeiro do Plan COVID-19 será o día 5 de cada mes a partir do 5 de xullo para o IVTM e o IBI e o día 5 de cada mes a partir do 5 de setembro para o IAE.

O ingreso poderá realizarse a través da oficina virtual do ORAL ou a través de calquera entidade bancaria colaboradora. Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte.

A Oficina do ORAL en Tui, situada na Área Panorámica, volve realiza atención presencial pero só con cita previa que se deberá solicitar no 986 804 100.