Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

NOVA RESOLUCION TRIBUNAL AVALIADOR PRAZA AUX. ADMINISTRATIVO INTERINO

12/11/2008

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA  En relación co proceso selectivo para a cobertura da praza de Auxiliar Administrativo en  réxime de interinidade do Concello de Tui, e unha vez rematado o proceso de selección e vista a proposta do Tribunal avaliador na que se propón para ocupar a praza  a D. José Luis Núñez Fernández, como aspirante que obtivo a maior puntuación no proceso de selección, e dentro do prazo para a aportación por parte do aspirante da documentación acreditativa dos requisitos sinalados na base terceira da convocatoria, D. José Luis Núñez Fernández, con data R.E 12/11/2008, presenta escrito de renuncia á ocupar a devandita praza, en virtude do cal,

RESOLVO:           

Primeiro.- Aceptala renuncia de D. José Luis Núñez Fernández.Segundo.-

De conformidade coa base oitava da convocatoria, procédese ao chamamento do seguinte candidato por orde de puntuación: Dna. Susana Durán Martínez, con DNI nº 76.899.963-S, para que no prazo de tres días hábiles dende a comunicación desta Resolución, acredite os requisitos sinalados na base terceira da convocatoria de data nove de marzo, perdendo os seus dereitos se asi non o fixera..  

Mándao e o asina o Sr. Alcalde, ante min a Secretaria, en Tui, a doce de novembro de dous mil oito.