Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Noite Internacional do Miño celebra o martes a súa oitava edición con grupos folclóricos de India, Paraguai, Polonia Serbia e Ucraina

30/07/2007

A Noite Internacional do Miño celebra o martes a súa oitava ediciónSerá no Parque do Laxal en Rebordáns a partir das 21.30h con grupos de India, Paraguai, Polonia, Serbia e Ucraína 

Venres, 27 de xullo de 2007. O Parque do Laxal en Rebordáns acolle este martes, 31 de xullo, ás 21.30h, a VIII Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Música  e Baile “San Fins” de Rebordáns contando coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui, da Comunidade de Montes e do Centro Cultural San Fins de Rebordáns. O folclore máis internacional darase cita neste espectáculo cultural xa consolidado logo de oito anos celebrándose e no que se foi facendo un oco propio na programación cultural do entorno tanto pola calidade dos grupos que achega cada ano coma pola excelente resposta do público que ten ateigado o Parque do Laxal en cada Noite Internacional. A Escola “San Fins” preséntanos este ano grupos da India, Paraguai, Polonia, Serbia e Ucraína que farán gozar ao público cos bailes de músicas típicos das súas rexións. Dende a India estará presente na Noite Internacional Shilpagya, un grupo que recolle o autentico arte tradicional deste país referido tanto á musica, á artesanía coma aos instrumentos tradicionais.  A agrupación Folclórica: “Renacer Yeroky Saraky  de Paraguai creouse no ano 2000 na Cidade de San Juan Bautista de las Misiones. O espírito de apertura e superación é unha constante nos seus vinte bailaríns. Teñen levado por todo seu país o folclore local, que agora presentan tamén en Rebordáns. Dende Polonia chega o grupo folclórico "Warszawa"  creado en 1970 e integrado por estudantes e graduados da academia de educación física Joseph Piłsudski. O grupo recibiu en varias ocasión o nomeamento de mellor grupo polaco. Presentan un espectáculo moi atractivo tanto polos seus bailes nos que se require forza física coma polas súas impresionantes voces. A tradición cultural de Serbia estará representada polo Folk dance ensemble “Cukarica”. Un grupo que nos seus dez anos de existencia pasou de ter 20 compoñentes a superar o centenar na actualidade, todos eles contan con idades entre os 5 e os 35 anos.  A súa labor é  moi meritoria xa que eles mesmos recollen os bailes que logo levan a escena nas súas actuacións para manter así vivo o folclore serbio. Por último o grupo ucraíno Yunist Podillya está formado por estudantes, graduados,profesores e traballadores da Universidade Nacional de Khmelnitsky. Está conformado por tres seccións: a parte musical, os solistas e o baile. O seu programa está baseado en vistosas danzas e cancións ucraínas.  A cita co folclore de Europa, Asia e América está por tanto o martes, 31 de xullo, ás 21.30h, no Parque do Laxal en Rebordáns.  

VIII Noite Internacional do MiñoData: Martes 31 ás 21.30hLugar: Parque do Laxal, RebordánsOrganiza: Escola de Baile e Música “San Fins”