Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Nancho Novo no Teatro Municipal de Tui o venres e o sábado

16/10/2008

Nancho Novo en Tui o venres e o sábado

Actuará no Teatro Municipal con “Sobre flores y cerdos...”

O Teatro Municipal de Tui acolle esta fin de semana dobre función do espectáculo “Sobre flores y cerdos. Más Nancho que Largo” do actor galego Nancho Novo.

Trátase dunha obra nada convencional na que Nancho Novo reflexiona sobre o nacemento do amor. Este showman fará disfrutar ao público cun espectáculo directo, divertido e insólito, no que a música ten tamén o seu protagonismo.

Nesta obra Nancho Novo é o autor, director e protagonista, estando acompañado no escenario polo músico, e tamén actor, Pablo Castillo. Co seu particular estilo este polifacético galego emprega fragmentos musicais como fío condutor, para crear un espectáculo que afonda no amor, buscando a gargallada no público, pero reflexionando sobre o mundo da parella e os tópicos de xénero.

As súas costas Nancho Novo ten un extenso currículo de representacións teatrais e cinematográficas, as que suma tamén a súa faceta coma autor teatral e director. Pero é tamén músico e dende hai dez ano ten o grupo “Castigados sin postre”.

A cita será o venres ás 21.30h e o sábado ás 20.30h. A entradas teñen un prezo de 9€, 7€ con desconto para os posuidores do carné xove, carné máis, de estudante, xubilado, desempregado ou familia numerosa.  Poranse á venda hora e media antes do comezo de cada función.

“Sobre flores y cerdos. Más Nacho que largo”

Data:

Venres  17 de outubro ás 21.30h

Sábado 18 de outubro ás 20.30h

Lugar: Teatro Municipal de Tui, rúa Colón nº2 de Tui

Venda de Entradas:  dende hora e media antes do comezo da función.

Prezos: 9€ - 7€ con desconto – 5€ menores de 14 anos