Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A música sefardí e a visita aos Sambenitos pechou as Xornadas Europeas da Cultura Xudía en Tui

10/09/2018

As Xornadas Europeas da Cultura Xudea en Tui  remataron esta fin de semana con dúas actividades.

O sábado pola noite o público puido disfrutar da música sefardí a cargo de Ana Alcaide e Bill Cooley. O tema das xornadas deste ano foron os relatos, e a música sefardí aporta unha gran carga emocional froito da vivencias e o exilio das familias xudeas. De aí a necesidade de expresar nas xornadas deste ano, tamén coa música, unha parte da cultura hebrea, máxime na voz e mans de Ana Alcaide acompañada por Bill Cooley. 

O feito de levarse a cabo este concerto nun espazo tan emblemático como a Igrexa de San Domingos, grazas á colaboración coa Asociación de Amigos da catedral, é por que San Domingos tamén é un lugar de relatos sobre a presenza sefardí en Tui. Esta igrexa foi o lugar predilecto das familias sefarditas para o seu enterramento nos séculos XVI e XVII. Mercaderes, banqueiros, escribanos, avogados, pintores, boticarios, etc. elixiron esta igrexa como espazo funerario. Diante do altar maior, no cruceiro, foron inhumados os membros da familia Coronel, os máis destacados na rexión do bispado de Tui.

Ironicamente, esta igrexa tamén se convertiría no lugar de reunión dos familiares da Inquisición en Tui, a confraría de San Pedro Mártir. As armas da Inquisición figuran na clave da bóveda. Tamén se vinculou a varios inquisidores da casa de Valadares soterrados no altar maior.

Deste modo aquí  se entrelazan historias entre a intolerancia e a integración, pero sempre deixando unha pegada recoñecible no patrimonio de Tui.

Por último, o domingo levouse a cabo a visita aos Sanbenitos expostos no Museo Diocesano. Pezas únicas en Europa, estes elementos son testemuña da persecución e itinerancia dunha época cara a poboación xudea ou xudeoconversa