Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A música e o baile serán os protagonistas no primeiro domingo das festas de San Telmo

28/03/2018

Nove grupos tudenses participarán no Festival Folclórico ás 18h no Teatro Municipal

A música e o baile serán os protagonistas no primeiro domingo das festas de San Telmo, este domingo 1 de abril. A Charanga “Cantos Somos” actuará polas rúas de Tui entre ás 12h e ás 14h animando así a segunda xornada festiva.

Pola tarde ás 18h comezará no Teatro Municipal o Festival Folclórico Festas de San Telmo con entrada libre ata completar a capacidade do patio de butacas. Participarán os grupos Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro,  baile e gaitas da Asociación do Traxe Tradicional de Tui, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns que ofrecerán unha boa mostra do alto nivel que teñen estas agrupacións.

A orquestra Miramar actuará no Paseo da Corredoira ás 18h e ás 20.30h, e a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto no mesmo paseo ás 19.30h, aínda que en caso de choiva esta última actuación cancelarase.

Programación Festas de San Telmo – Domingo 1 de abril

  • 12.00-14.00 h Actuación polas rúas de Tui da Charanga “Cantos Somos”.
  • 18.00-21.00 h No Teatro Municipal, Festival Folclórico Festas de San Telmo coa participación do grupos Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro,  baile e gaitas da Asociación do Traxe Tradicional de Tui, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns. *Entrada libre ata completar capacidade.
  •  18:00-19:30 h No Paseo da Corredoira verbena coa Orquestra Miramar.
  • 19.30-20.30 h No Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui. *En caso de choiva cancelarase.
  • 20:30-22:00 h No Paseo da Corredoira verbena coa Orquestra Miramar.