Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maxia e teatro abren a programación cultural no Teatro Municipal

3/03/2021

Mañá xoves actuará 2 Mind Combined e o venres La Quintana

Con dobre proposta comeza esta semana a programación cultural no Teatro Municipal de Tui.

Mañá xoves, 4 de marzo, ás 18.30 h 2 Mind Combined presenta “Maxia sen trucos” con Ian Hamilton e Elisa Alfaya. Presentan un espectáculo para público familiar a partir de 4 anos, no que combinan maxia, ilusionismo, mentalismo, sombras chinescas…  Ao longo de 50 minutos en “Maxia sen trucos” achegan ilusións imposibles, bailarán, xogarán, e transmitirán unha mensaxe de esperanza.

As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€ até mañá xoves ás 17.30 h.

Ao día seguinte, o venres, 5 de marzo, ás 19.30 h La Quintana presenta a comedia “O Premio”.  Marian Bañobre dirixe a Victoria Teijeiro Álvarez, Raquel Espada e Xurxo Cortázar nesta obra teatral de creación colectiva con dramaturxia de Santiago Cortegoso. “O Premio” é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”.  A obra parte dun momento, nun futuro próximo, no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, as persoas caen en “O Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.  Plantexan tres finais distintos en función do voto do público. A obra ten unha duración de 90 minutos. As entradas están á venda en tui.gal até o venres ás 18.30 h aos prezos de 6€ e 5€.

Cómpre lembrar que o aforo do teatro está limitado a 148 butacas por función.

Entradas 2 Mind CombinedO Premio