Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maxia e ilusionismo este venres no Teatro Municipal de Tui

26/02/2019

Ian Hamilton e Elisa Alfaya presentan ás 20 h “Cousa de nenos”

“Cousa de nenos” é o título do espectáculo que Ian Hamilton e Elisa Alfaya presentan este venres ás 20 h no Teatro Municipal de Tui.  

“Cousa de nenos” mestura maxia e sombras chinescas nun espectáculo cheo de corido e ilusión dirixido a toda a familia. O público mergullarase nun mundo imaxinario onde nada é imposible.

Ian Hamilton e Elisa Alfaya, recén afincados en Tui, contan cunha ampla traxectoria desenvolvida principalmente en Londres. Nos seus espectáculo reúnen maxia, mentalismo, técnica de pintura rápida e sombras chinescas tendo coma resultado unha presentación única e divertida.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12 h e o venres dende ás 18.30 h poderanse mercar no despacho de billetes, aos prezos de 3€ e 2€.

Ian&Elisa con “Cousa de nenos”

  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Data: Venres, 1 de marzo, ás 20 h
  • Entrada: á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12 h  e o venres dende ás 18.30 h no despacho de billetes
  • Prezos: 3€ e 2€