Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A maxia de Pexegueiro lévase o primeiro premio absoluto e o primeiro en acompañamento musical no Entroido de Tui

17/03/2019

O Mundo de Shrek de Salceda gañou o primeiro premio en carrozas

El extraño mundo de la magia de Pexegueiro” da Asociación Entroido de Pexegueiro foi a gañadora no Desfile-Concurso de Entroido celebrado esta tarde en Tui. Cunha alegoría do mundo máxico de fadas, duendes e outros seres que loitan por unha pócima amorosa fixéronse co primeiro premio do Entroido.   Tamén foron os gañadores o primeiro premio en acompañamento musical e do segundo en carrozas.

Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas de Tui para presenciar o Desfile-Concurso de Entroido.

O segundo  premio do Entroido tudense foi para a recreación da película Shrek “O Mundo de Shrek” realizada pola Asociación En Loureiro Como Sempre de Salceda.  O terceiro premio recaeu en “O circo de Tui” da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei cunha parodia entre a política local e o circo.  O cuarto posto foi para “Máis que unha feira” da Asociación cultural e recreativa “Arume” de Malvas cunha parodia da chegada a Tui cos cachivaches e as eleccións municipais. O quinto lugar foi para “Borralliño-Soutelo” de Salceda con súa proposta baseada na cultura oriental, o sexto premio correspondeu a “Luces” de Tomiño cunha comparsa inspirada no musical do Rei León, e o sétimo correspondeu a “Trazos Festival” de Redondela.

A carroza do Mundo Mundo de Shrek gañou o primeiro premio en carrozas, seguida de ”El extraño mundo de la magia de Pexegueiro”, que foi segunda, e da carroza de Luces de Tomiño que foi terceira seguida. O cuarto posto correspondeu ao Borralliño de Soutelo, de Salceda, quinta en carrozas foi Trazos Festival de Redondela, e sexta Máis que unha Feira de Malvas.

En acompañamento musical con música en directo os premios foron para “El extraño mundo de la magia de Pexegueiro”, “O circo de Tui” e “Máis que unha feira”.  Por último en Fantasía o premio foi para a comparsas “Vinciocas” da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, Gondomar, pola súa recreación da película Gnomeo e Xulieta.

O Entroido despedirase en Tui o próximo domingo, 24 de marzo, ás 19.30 h co Enterro do Bacallau que sairá  dende a Praza de San Fernando.

 Gañadores Absolutos:

            1º        EL EXTRAÑO MUNDO DE LA MAGIA DE PEXEGUEIRO         

            2º        O MUNDO DE SHREK 

            3º        O CIRCO DE TUI         

            4º        MÁIS QUE UNHA FEIRA

            5º        COMPARSA O BORRALLIÑO-SOUTELO         

            6º        COMPARSA LUCES DE TOMIÑO

            7º        TRAZOS FESTIVAL      

Gañadores Carrozas

            1º        O MUNDO DE SHREK 

            2º        EL EXTRAÑO MUNDO DE LA MAGIA DE PEXEGUEIRO         

            3º        COMPARSA LUCES DE TOMIÑO

            4º        COMPARSA O BORRALLIÑO-SOUTELO         

            5º        TRAZOS FESTIVAL

            6º        MÁIS QUE UNHA FEIRA         

Gañadores Acompañamento Musical

            1º        EL EXTRAÑO MUNDO DE LA MAGIA DE PEXEGUEIRO         

            2º        O CIRCO DE TUI         

            3º        MÁIS QUE UNHA FEIRA                                       

Gañadores Fantasía

            1º        VINCIOCAS