Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maria do Ceo ofrece este sábado no Teatro Municipal un concerto de fados e panxoliñas

17/12/2009

María do Ceo ofrece este sábado un concerto de fados e panxolñas

Será ás 20h no Teatro Municipal con entrada gratuíta

 

Xoves, 17 decembro de 2009. O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado ás 20h un concerto da cantante María do Ceo no que ofrecerá un repertorio integrado por fados e panxoliñas.  Este evento ten carácter gratuíto pero débense retirar as entradas, sen numerar, a partir das 18.30h no despacho de billetes, cun máximo de dúas por persoa. O Concerto está organizado pola Deputación de Pontevedra e a Concellería de Cultura de Tui.

 

Recen chegada de Arxentina e Uruguai onde ofreceu unha xira de seis concertos esta artistas nada en Porto, Portugal, pero afincada dende nena en Galicia fará vibrar ao público coa súa voz. Ela coma ninguén interpreta os fados da súa terra natal, unhas composicións que mesturará nesta ocasión con panxoliñas ante a proximidade do Nadal. No concerto fará un repaso dos principais temas dos oito discos que ten editados interpretando temas coma "Unha casa portuguesa", "Habemos de ir a Viana", "María la Portuguesa" ou as panxoliñas "La Navidad" e "O cuco".

 

Esta é a penúltima actuación organizada pola Concellería de Cultura nese ano 2009 no Teatro Municipal de Tui. A programación desenvolvida ao longo do ano pecharase o próximo día 30 co tradicional concerto de Fin de Ano.

 

María do Ceo

Lugar: Teatro Municipal

Data e hora: Sábado 19 de decembro, ás 20h

Entradas gratuítas. Retirada de localidades - sen numerar- dende ás 18.30h, cun máximo de dúas por persoa.