Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario a porta pechada

27/05/2020

A corporación municipal de Tui celebrará mañá xoves, 28 de maio, ás 20 h pleno de carácter ordinario.

Con carácter excepcional, a sesión plenaria celebrarase a porta pechada para o público, sendo retransmitida en directo a través da radio municipal. Realizarase unha nova distribución dos concelleiros para garantir a separación entre eles, e terá ao seu diposr máscaras e luvas.

Na convocatoria xustifícase a celebración do pleno ·dado o escenario de descoñecemento da duración de dito estado de Alarma e dada a necesidade de tratar os asuntos que se inclúen na orde do día, ao abeiro do disposto na DA 3ª do RD 463/2020 e de acordo coa motivación recollida nas respectivas propostas e, en especial, considerándose necesario para a protección do interese xeral os procedementos de gasto que se inclúen ou a tramitación do expediente de actuacións preparatorias do contrato de concesión de obras de aparcadoiro soterrado, co obxecto de paliar a problemática de estacionamento e dotar de maior mobilidade e desconxestión ás zonas urbanas".

A orde do día é a seguinte: 

A) Parte resolutiva: 

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior extraordinaria nº 3/2020, do 16 de abril. 

2º.- Expediente 796/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 21/05/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 15/05/2020, relativa a excepcionar da regra xeral de suspensión dos prazos administrativos os procedementos de gasto e aprobación de expediente de crédito extraordinario nº 3/2020 (modificación de créditos 15/2020), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais. 

3º.- Expediente 799/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 21/05/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 15/05/2020, de excepcionar da regra xeral de suspensión dos prazos administrativos os procedementos de gasto e aprobación do expediente de suplemento de crédito nº 1/2020 (modificación de créditos 16/2020), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.

4º.- Expediente 811/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 21/05/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 19/05/2020, relativa a excepcionar da regra xeral de suspensión dos prazos administrativos os procedementos de gasto e aprobación de expediente de crédito extraordinario número 4/2020 (modificación de créditos 17/2020), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais. 

5º.- Expediente 2987/2018. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 21 de maio de 2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 10/03/2020, relativa a aprobación de bonificación de ICIO correspondente a obras que realizan os afectados de Paramos. 

6º.- Expediente 810/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 21/05/2020, de proposta de Alcaldía, de data 18/05/2020, relativa a aprobar inicialmente a derogación da ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos e exposición pública. 

7º.- Expediente 2705/2019. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, do 21/05/2020, de proposta de Alcaldía, de data 12/05/2020, relativa a “Actuacións preparatorias de contrato de concesión de obras de aparcadoiro soterrado entre as rúas Ourense e Compostela". 

8º.- Expediente 312/2020. Proposta da Alcaldía, de data 25/05/2020, de solicitude de adhesión á rede “LOS PUEBLOS MÁS BONITOS DE ESPAÑA”. 

9º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, do 21/05/2020, relativo a proposta de Alcaldía, de data 18/05/2020,de celebrar sesións e adoptar acordos a distancia, por medios electrónicos e telemáticos a través do sistema de videoconferencias mediante a ferramenta Gestiona. 

10º.- Mocións de Urxencia.

B) Actividade de control: 

11º.- Dación de conta das subvención se disposicións de interese dos meses de febreiro, marzo e abril do 2020. 

12º.- Dación de conta de resolucións de Alcaldía do nº 63, do 27/01/2020 ao nº 552, do 22/05/2020. 

13º.- Dación de conta execución trimestral 1º trimestre orzamento 2019 ao abeiro da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril. 

14º.- Dación de conta execución trimestral 2º trimestre orzamento 2019 ao abeiro da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril. 

15º.- Dación de conta execución trimestral 3º trimestre orzamento 2019 ao abeiro da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril. 

 16º.- Dación de conta execución trimestral 4º trimestre orzamento 2019 ao abeiro da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril. 

17º.- Dación de conta Resolución Alcaldía do 03/04/2019, relativa á aprobación do Plan Orzamentario 2020-2022, a teor do disposto na Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril. 

18º.- Dación de conta resolución da concelleira de Facenda, Urbanismo, Parques e Xardíns, de data 30/10/2019, relativa á información referida ao custo efectivo dos servizos no Concello de Tui para o exercicio 2018, de conformidade coa Lei 7/1985 e Lei 27/2013. 

19º.- Dación de conta de resolución da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns do 12/02/2020, de aprobación da liquidación do orzamento do Concello de Tui para o ano 2019 e aos efectos do disposto no artigo 191.3 do TRLRFL e art. 89 do RD 500/1990, de 20 de abril. 

20º.- Dación de conta informe morosidade 1º Trimestre exercicio 2019 ao abeiro da Lei 15/2010 e período medio de pagamento global a provedores (PMP) 1º trimestre exercicio 2019 ao abeiro do Real Decreto 635/2014. 

21º.- Dación de conta informe morosidade 2º Trimestre exercicio 2019 ao abeiro da Lei 15/2010 e período medio de pagamento global a provedores (PMP) 2º trimestre exercicio 2019 ao abeiro do Real Decreto 635/2014. 

22º.- Dación de conta informe morosidade 3º Trimestre exercicio 2019 ao abeiro da Lei 15/2010 e período medio de pagamento global a provedores (PMP) 3º trimestre exercicio 2019 ao abeiro do Real Decreto 635/2014. 

23º.- Dación de conta informe morosidade 4º Trimestre exercicio 2019 ao abeiro da Lei 15/2010 e período medio de pagamento global a provedores (PMP) 4º trimestre exercicio 2019 ao abeiro do Real Decreto 635/2014.

 C) Rogos e preguntas:

 24º.- Rogos e preguntas. 

Ver convocatoria