Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres no Teatro Municipal ás 20,30 "La Imagina Machina" presenta "A viaxe de Efi"

24/05/2007

La Imagina Machina presenta en Tui “A Viaxe de Efi”É unha adaptación do clásico “El último tranvía” O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 25 de maio, ás 20.30h á compañía La Imagina Machina de Ourense que porá en escena “A Viaxe de Efi”. Esta actividade pecha a programación cultural para o primeiro trimestre do ano que organiza a Concellería de Cultura de Tui. “A Viaxe de Efi” é a primeira montaxe de La Imagina Machina, coa que gañaron o Premio do Espectador no FETEGA 2006.  Baixo a dirección de Suso Díaz un elenco de actores formado por Nati Borrajo, Tito Asorey, María Gallego e David Varela levan a escena a historia dunha mosca chamada Efi. Trátase dun espectáculo, segundo o director, para que os nenos leven aos pais ao teatro e disfruten xuntos dunha montaxe que inclúe clown, medios audiovisuais e música en director.  As entradas poranse á venda ás 16.30h ao prezo de 3,5€,  2,5 € con desconto e 1,5€ para os menores de 12 anos.   La Imagina Machina con “A Viaxe de Efi”Data: Venres 25 ás 20.30hLugar: Teatro Municipal de TuiVenda de localidades:o venres dende ás 16.30hPrezo das entradas: 3,5€, 2,5€ con desconto e 1,5€ os menores de 12 anosOrganiza: Concellería de Cultura