Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maña venres concerto de fin de ano no Teatro Municipal

27/12/2007

Tui pecha a programación de 2007 co Concerto de Fin de AnoSerá mañá venres ás 21h no Teatro Municipal a cargo da Coral da S.I. Catedral de Tui e da Banda de Música Popular de Tui 

Tui pecha a programación cultural de 2007 que organiza a Concellería de Cultura este venres co Concerto de Fin de Ano. Coma é xa tradicional dende este departamento apóstase por dúas agrupacións locais para este evento: a Coral da S.I. Catedral de Tui e a Banda de Música Popular de Tui. O concerto comezará ás 21h e durante dúas horas o público poderá disfrutar do bo facer destas dúas agrupacións que ofrecerán un repertorio integrado por temas do Nadal pero tamén por outras composicións que elixiron para este noite.  As entradas poranse á venda ás 16.30h ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto e 1,5€ os menores de 12 anos. 

A Coral da S.I. Catedral de Tui actuará en primeiro lugar acompañada ao órgano por Don Camiño Paz Valverde e baixo da dirección de Don Agustín Sobral. I

nterpretarán:

- Gloria Navideño  ......................... Pechebel

-Erdezain- Noche de Dios............................. Frenz Gruber

- Las hojas muertas...................... J. Prevert

- J. Kesman- Candilejas........ .........................  Charles Chaplin

- Caminemos………….…………… Herivelte Martins

- Noche de Ronda......................... Mª Teresa Lara

- Tui, mira si te querré……………. Ricardo Guirao                                                                         (Adaptación Letra Agustín Sobral)

- Cielito Lindo ................................ Vals Mexicano  

A Banda de Música Popular de Tui estará baixo a batuta de D. Adolfo Besada

.Interpretarán:

-   Ponteareas (pasodobre)………………….. Reveriano Soutullo

-   Ave María  op 52 nº6................................. Shubert

-   El Lago de los cisnes – suite ballet ........... Tchaikovsky-   Do, Re, Mi (B.S.O Sorrisos e Bagoas) …Richard Rogers

-   Annen Polka ………………………………..Johan Strauss

-   Raios e tronos (polka)…....…….………….J. Strauss

-   Danubio Azul (Vals).....…………..………..Johan Strauss

-   Marcha Radetsky  …………………………Johan Strauss 

Rematarán interpretando conxuntamente:

-         La del Soto del Parral ................................ Soutullo e Vert

-         Adeste Fidelis ............................................ Arr. Penders.
 

Coral da S.I. Catedral Hai máis de tres décadas, o día de San Telmo, nacía en Tui unha agrupación coral que levaría e leva dende entón o nome do principal templo da cidade. A coral da S.I Catedral presentábase ó público poucos meses despois do seu nacemento, foi en novembro daquel 1972, e o lugar da súa primeira actuación foi o  cine Yut. Dende entón sucedéronse escenarios, concertos, voces, partituras, ... 34 anos enchendo coas súas interpretacións distintos eventos musicais. Neste tempo houbo momentos destacados como o ano 1981 cando a Coral da S.I. Catedral de Tui se integrou na Federación Coral Galega, e moito máis importante foi o ano 97, cando coincidindo co seu 25 aniversario, o Concello de Tui lle concedeu a esta masa coral a medalla de ouro do Concello polos méritos acadados no ámbito da cultura. En todo este tempo a Coral ten acadado grandes éxitos, e sempre o fixo baixo a mesma batuta a do seu director D. Agustín Sobral. 

Banda de Música Popular de Tui  A data máis precisa da súa fundación, da que se ten constancia, é o 5 de febreiro do ano 1881. Iniciaba daquela a súa actividade con 31 músicos  baixo a batuta de Severino Castillo en primeiro lugar e con Crisanto Castillo coma director. Dende a súa formación realizou unha actividade ininterrompida ata 1935, desaparecendo daquela por mor da Guerra Civil, reaparecía logo en 1942 e se disolvía ó pouco por falla de medios económicos ata 1967. No comezo da década dos 80 cando a Banda de música popular de Tui recuperaba a súa actividade de xeito permanente, e dando a súa vez orixe a Escola de música, e apoiando o Conservatorio da cidade no que hoxe se forman preto de 300 alumnos. O longo de toda a súa existencia a Banda de música popular de Tui contou con importantes e prestixiosos directores coma é caso de Veiga, Temes, Groba e Soutullo, e nela se formaron importantes músicos que hoxe percorren o mundo tocando en numerosas orquestras e bandas. As súas actuacións foron diversas por toda Galicia e Portugal, pero tamén noutros lugares coma Avilés, Xeraco, Almoines, Belrreguart, Valencia, Madrid… as que hai que engadir a súa participación en distintos certames de bandas de música. En outubro de 2006 celebraron de xeito oficial os 125 anos de Banda de Música en Tui. Na actualidade a Banda de Música Popular de Tui está dirixida por D. Adolfo Besada. 

CONCERTO DE FIN DE ANOCoral da S.I. Catedral e Banda de Música Popular de Tui

Data e hora: Venres 28 de decembro ás  21.00 h

Lugar: Teatro Municipal de Tui na Área Panorámica

Entrada: 2,5€ - 2 € con desconto - e 1€ os menores de 12 anos

Retirada de localidades: Venres  dende ás 16.30h