Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres 6 de febreiro inaugúrase a exposición retrospectiva de Ritta Bremer

5/02/2009

MAÑA VENRES INAUGÚRASE UNHA EXPOSICIÓN REPROSPECTIVA DE ARTISTA TUDENSE RITTA BREMER

 

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acollerá mañá venres 6 de febreiro, ás 20,30 horas, a inauguración da exposición "Retrospectiva" da artista tudense Ritta Bremer, organizada pola propia pintora coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui.

Nada en Alemania reside en Tui dende nena, Ritta é unha pintora autodidácta, licenciada en Historia da Arte e con estudos de debuxo e deseño gráfico. Como ela mesma relata "dende pequena coloreaba os meus contos e aos trece anos comecei a pintar...". Pinta con variadas técnicas: óleo, acuarela, acrílico, plumiña, esmalte, carbonciño, pastel.., tendo realizados tamén achegamentos ao gravado en madeira e espello.

As súas obras pódense definir como "arte figurativo e expresionismo, ainda que últimamente realiza incursións no expresionismo abstracto e no constructivismo".

Posue una ampla relación de exposicións individuais e colectivas dende 1985 en Tui, Vigo, Pontevedra, Santiago, etc.; en 2005 participou na exposición "Novos valores" da Bienal de Arte de Pontevedra e no 2006 foi preseleccionanda na Bienal de Pampola.

Nesta exposición realiza unha escolma da súa traxectoria amosando ao público as diversas etapas da súa producción e a súa búsqueda a través da pintura, son máis de cincuenta obras que enchen a Sala Municipal tudense.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta exposición incide nunha das liñas de traballo desta Sala Municipal de Exposicións como é ofrecer aos artistas tudenses un espazo para a exhibición da súa producción, cumprindo así un obxecto básico da concellerái como é a promoción dos valores culturais da nosa cidade e concello.