Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá "Títeres Cascanueces" con "Un conto de sempre" na Biblioteca Municipal

21/12/2009

CONTINUA A PROGRAMACIÒN DE NADAL NA BIBLIOTECA MAÑÁ "TITERES CASCACNUCES" REPRESENTA "UN CONTO DE SEMPRE"

 

Mañá martes 22 de decembro a Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle unha nova actividade do seu programa de Nadal, neste caso é a representación da obra "Un conto de sempre" a cargo da compaía "Títeres Cascanueces" que porá en escena esta obra a partir das 17.30 horas. A entrada é de balde.

Títeres Cascanueces caracterízase por ter un formato unipersonal e un amplo repertorio infantil, con obras clásicas do xénero e tamén obras propias con diferentes técnicas de manipulación de monicreques. Nesta historia, de "Un conto de sempre" o protagonista, un neno de 5 anos, fai unha longa viaxe para rescatar un libro de contos onde supostamente estan todas as respostas.

"Títeres Cascanueces" créase en La Habana no ano 1995 por actores profesionais e alumnos do Instituto Superior de Arte (I.S.A) especializándose no formato unipersoal. Todas as montaxes así como a súa distribución están feitas de forma independente e sen axuda institucional. Desde 1997 Títeres Cascanueces ten a súa sede en Santiago de Compostela e está formado por Patricia López Villaverde e Lázaro Duyos Jordán.

Con esta nova actividade de animación á lectura continua avanzando o programa de Nadal da Biblioteca Municipal de Tui que o pasado xoves contou coa presenza de "Tarabelos" representando "Un Nadal cheo de contos" e continuará nos vindeiros días 29 e 30 de decembro e 4 de xaneiro con diversas proxección de animación.