Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá sábado 8 de decembro estrease o alumedo de Nadal 2007

7/12/2007

Mañá estrease o alumeado de Nadal 2007O Concello de Tui apostou por un sistema novidoso máis ecolóxico, que consume un 80% menos que o tradicional Mañá ás seis da tarde acenderase o alumeado de Nadal de Tui que engalanará as principais rúas da cidade durante as festas navideñas. Este ano dende o Concello apostouse por un sistema novidoso no mercado máis ecolóxico  e que reduce o consumo até nun 80% con respecto ao tradicional.  Esta ano instalaranse 118 arcos e 5 rótulos de Nadal confeccionados con fío luminoso de led e microlámpadas e de lámpadas flash.  A isto súmase o nacemento luminosos que se instalará na Praza da Inmaculada onde será adornada tamén a fachada do Pazo de Xustiza, así coma a fachada da Casa do Concello. E haberá tamén motivo navideños no xardín da Área Panorámica.  Outra novidade importante será o adorno do abeto que está no comezo da Avenida da Concordia e que este ano se vai iluminar con máis de 200 estrelas de microlámpadas.  A iluminación navideña vén acompañada amais de ambientación musical nas rúas, o que contribúe a ambientar estas datas.  O Concello de Tui volve asumir este ano en solitario o alumeado de Nadal, tanto a instalación coma o consumo, apostando así pola ambientación navideña que serva de reclamo á cidade tanto para os propios tudense coma para os posibles visitantes e que se converte así nun atractivo máis para a cidade.  A instalación da iluminación e da sonorización de Nadal foi adxudicada á empresa Electromiño por importe superior aos 40 mil euros. O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, salienta a importante aposta que se fai por ambientar a cidade nestas datas volvendo un ano máis a convertela nunha das mellor iluminadas de Galicia. Engade Moisés Rodríguez que este é un investimento rendible que agarda terá as súas repercusións positivas no comercio local.