Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o XVI Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc

16/09/2020

Mañá xoves, 17 de setembro, ás 11 h na Área Panorámica terá lugar a presentación do XVI Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, que se vai celebrar na cidade do 23 ao 27 deste mes de setembro. 

No acto participarán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Carmela Silva, presidenta da Deputación; Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual da Axencia Galega das Industrias Culturais; Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui; Victoria Alonso, deputada de Cultura, e Ángel Sánchez, codirector do festival.