Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o XV Play Doc que se vai celebrar en Tui do 3 ao 7 de abril

27/03/2019

Mañá xoves, 28 de marzo, ás 11.30 h na sala de prensa no primeiro andar da Área Panorámica terá lugar a presentación do XV Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc, que se vai celebrar na cidade do mércores 3 ao domingo 7 de abril.

Na presentación participará o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a  Jacobo Sutil, director de Agadic, Axencia Galega de Industriais Culturais da Xunta de Galicia, e Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Ángel Sánchez, codirector do festival, e Belí Martínez, responsable da programación de cinema galego de Play Doc.