Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase no Concello de Tui o 6º Budiño Raid Eurocidade

9/09/2021

O evento celebrarase este sábado na rúa Olímpicos Tudenses

Mañá, ás 11.30 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do 6º Budiño Raid Eurocidade, 4ª proba da liga galega de raids, organizada pola Asociación Deportiva A Forna de Budiño, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal. O evento disputarase durante toda a xornada do sábado, dende a Rúa Olímpicos Tudenses de Tui.

Na presentación intervirá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e o vereador de Deporte de Valença, Mario Rui Oliveira, así como o presidente e responsables técnicos da Asociación A Forna de Budiño, José Cabaleiro, Carlos Amil e Marcos Lago.