Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a Feira de Oportunidades

31/08/2020

Mañá martes, 1 de setembro, ás 11 h na sala de concelleiros da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Feira de Oportunidades que esta fin de semana se vai celebrar na zona peonil do Paseo da Corredoira. Está organizada por ACITUI contando coa colaboración do Concello de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco.