Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase en Tui o libro “Nova Nursia” de Hector Cajaraville

21/06/2018

A sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acolle mañá venres, 22 de xuño, ás 20h a presentación do libro “Nova Nursia” de Hector Cajaraville. Trátase dunha biografía novelada do bispo tudense Rosendo Salvado.

O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ao director de Xerais, Fran Alonso, e o autor do libro. Esta presentación está organizada pola libraría Espazo Lector Nobel de Tui coa colaboración do Concello de Tui.