Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores presentación do documental "Xosé María Álvarez Blázquez: entre o Miño e o mar de Vigo"

29/04/2008

PRESENTACIÓN OBRA AUDIOVISUAL "XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: ENTRE O MIÑO E O MAR DE VIGO" 

A compañía Sons Galiza Música presenta a obra multimedia “Xosé María Álvarez Blázquez: Entre o  Miño ao mar de Vigo” . Dito acto terá lugar o vindeiro mércores día 30 de Abril. Á mesma asistirán Eloi Caldeiro, autor da obra, Pepe Álvarez Cáccamo, escritor e fillo do homenaxeado e Rafael Sánchez Bargiela, historiador. 

Lugar: MUSEO MUNICIPAL DE TUI (Antigo Convento de San Domingos)

Día: Mércores 30 de abril

Hora: 20:00

   

 

                                         

 XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ        “ENTRE O MIÑO E O MAR DE VIGO”  

Co gallo de dedicar o día das letras galegas o escritor Xosé María Álvarez Blázquez a compañía Sons Galiza, seguindo a xeira comezada o pasado ano coa edición dun libro/disco/dvd  sobre María Mariño, ven de editar un libro/disco/dvd con poemas do libro para nenos titulado “Roseira do teu mencer”. No mesmo inclúense once poemas musicados que se incluirán no CD. O libro inclúe os poemas con fotografías de lugares e feitos importantes na vida do autor  O DVD  conten un documental coa vida do autor, cunha duración de 60 minutos. Nel faise un percorrido pola vida do autor dende o seu nacemento en Tui, pasando polas vicisitudes ao longo da súa vida, como o seu desterro en Zamora, as súas incursións no mundo editorial, e todo a seu intenso labor cultural e de investigación na cidade de Vigo, ata o seu pasamento en 1985.Nel interveñen: María Luisa Cáccamo Frieben, os seus fillos Pepe, Alfonso, Elena, Celso e Berta Álvarez Cáccamo. Os seus sobriños Darío e Alfonso Álvarez Gándara. Marga Romero,  María do Carme Krukenberg, Pilar Fernández, Darío Xoán Cabana,  Francisco Fernández del Riego,  Lalo Vázquez Gil, Luis Ferreiro, Rafael Sánchez Bargiela e Victor F. Freixanes.Sobre imaxes de Tui, Vigo e do Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”.