Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores 23 presentación do libro "Palabras contadas" de Camilo Franco na Biblioteca Municipal

22/05/2007

MAÑA PRESENTACIÓN DO LIBRO “PALABRAS CONTADAS” DE CAMILO FRANCO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI A Biblioteca Pública Municipal de Tui, dentro do seu programa de actividades denominado “Mes do libros” acolle mañá mèrcores 23 de maio a presentación do libro de Camilo Franco “Palabras contadas”. O acto terá lugar ás 20,00 horas na propia Biblioteca, no edificio Área Panorámica, na rúa Colón 2.Iniciada hai xa varios meses, a rolda de presentacións por diferentes cidades e vilas do libro Palabras Contadas de Camilo Franco editado dentro da colección de narrativa de Edicións Xerais chega mañá a Tui. Palabras Contadas inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da literatura breve o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría.Camilo Franco (Ourense, 1963) é escritor, xornalista. Correspondente cultural de La Voz de Galicia. Ten publicado os libros: A lúa no cénit e outros textos (1988), Ribadavia (1993), En malos pasos (Xerais 1995), «Chuvia tralos cristais» en Narradores de cine (Xerais 1996), do que foi coordinador; Por conto alleo (2003) e Palabras contadas (Xerais 2006). No espazo electrónico Vieiros publicou as series de narracións: Por conto alleo (1999) e Necesariamente X. A razón máis quente (2001). Palabras contadas deu pé á exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto-Edición (2006).Con esta nova actividade a Biblioteca Pública Municipal de Tui pecha as actividades organizadas dentro da súa programación do “Mes dos libros” e que, segundo o concelleiro de cultura Moisés Rodríguez Pérez, tentaron achegar os libros, a literatura, en definitiva, a cultura aos veciños da nosa cidade por medio dun feixe de actividades dirixidas aos diversos sectores de público.