Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores 15 de outubro concerto do Coro do Colexio de Avogados de Pontevedra nos actos do quinte centenario das Clarisas

14/10/2008

Nota de prensa enviada pola Comisión organizadora dos actos do quinto centenario das Clarisas de Tui

 

MAÑA MÉRCORES CONCERTO DO CORO DO COLEXIO DE AVOGADOS DE PONTEVEDRA NOS ACTOS DO QUINTYO CENTENARIO DAS CLARISAS TUDENSES

 

Mañá mércores, 15 de outubro, continuaran celebrándose na cidade de Tui os actos programados en conmemoración do quinto centenario das Clarisas tudenses, lembrando a fundación dun beaterio xérmolo do actual Mosteiro de Nosa Señora da Concepción no ano 1508. Neste caso trátase dun concerto a cargo do Coro do Colexio de Avogados de Pontevedra que baixo a dirección de Alberto Currán Piñeiro que interpretará unha escolma do seu repertorio. O programa do concerto abrangue dende obras do Renacemento, a composicións clásicas de Haendel o contemporáneas. Este concerto terá lugar ás 20,00 horas na Igrexa do Mosteiro das Monxas Clarisas de Tui.

Con esta nova actividade continúa o desenvolvemento das actividades que celebran este centenario das Monxas Clarisas. Cabe lembrar que ata fin de mes pódese contemplar na Sala Municipal de Exposicións a exposición titulada “Cinco séculos desposadas...” que recolle unha selección dos obxectos de interese histórico e artístico que custodian as Clarisas no interior do recinto conventual. E por último, compre recordar que o vindeiro sábado 18 de outubro terán lugar os actos centrais deste programa coa entrega, ás 12,30 horas, da Medalla de Ouro do Concello de Tui á Comunidade de Relixiosas e coa Eucaristia e Te Deum de Acciónm de Gracias presidida polo Ministro Xeral da Orde dos Franciscanos, Fr. José Rodríguez Carballo, e o bispo emérito da diocese de Tui-Vigo, M. José Cerviño Cerviño.

 

O Coro do Colexio de Avogados de Pontevedra nace no outono de 2006 cando pola inquedanza, tanto do Decano D. Eloy Artime e coma dos membros da Xunta Colexial, Dª. Marica Adrio e Dª. Mª José Moral, surxe a idea de por en marcha dentro do Colexio de Avogados un coro polifónico mixto que permita a todos os colexiados e a aqueles que sintan gusto pola música vocal de facer unha laboura formativa e de lecer.

 

Naquel primeiro momento decídese dentro do seno do coro que o actual director D. Alberto Currás, poida facerse cargo do mesmo, ao ser ademáis de Avogado, músico.

 

Durante este breve espacio vital o Coro xa interpretou diversos concertos tanto en actos colexiais (Xuras de novos colexiados, Festividade de San Raimundo, etc.), como en diversos actos culturáis: Concerto de Panxoliñas no ano 2007 na Igrexa da Peregrina de Pontevedra; Actuación na inauguración do curso académico da UNED do ano 2007-2008; e Actuación na festividade da Nª Sra. da Merced no Centro Penitenciario de A Lama o día 24 de setembro de 2008, entre outros).

 

O repertorio que o coro utiliza para os seus concertos é variado, indo dende a música renacentista ata a música dos nosos días, incluindo temática folclorica galega e doutros países (Francia, Italia, Grecia, etc.).

 

O seu director, Alberto Currás Piñeiro, nace no Concello de Moaña no 1974 iniciando os seus estudios musicais nun primeiro momento cos irmáns Iglesias Martínez e despóis con Francisco Santiago, e sempre ligado á Banda de Música Popular “Airiños do  Morrazo” de Moaña.

 

Os seus estudios académicos musicais na especialidade de Trompeta desenrólaos nos Conservatorios de Pontevedra Vigo e Santiago, recibindo clases cos mestres José Vicente Simeó, Maximino Boga, José Ortí, Enrique Rioja, Jim Littleford, Benjamín Moreno, entre outros, obtendo no ano 1993 o título de Profesor de Trompeta de grao medio e no ano 1998 o de grao superior. Recebe á sua vez clases de Dirección de Orquestra e práctical orquestral con D. James Ross, e de práctica vocal moderna e coro polifónico mixto con Graciela Rodríguez e Julio Domínguez.

 

Durante estes anos colaborou con innumerables agrupacións de música de cámara e bandas de música como A Banda de Música Municipal de Tui, Banda de Música de Bandeira (Silleda), Banda de Música de Xinzo (Ponteareas), Banda de Música Municipal de Santiago, Orquestra Clásica de Vigo, Quinteto de Metáis “Faiscas” de Tui, e Quinteo Galician Brass Quórum de Moaña.

 

Á sua vez no ano 2008 intervíu como trompetista leader na Big Band de Jazz Ponte do Camiño no concerto que a través do Xacobeo se realizou na Pazo da Cultura de Pontevedra, tocando con artistas da talla de Boby Martínez, Paco Charlín, Manuel Gutiérrez, Carlos Rossi e Roberto Pacheco.

 

Dende o ano 1999 compaxina a sua profesión de Avogado coa de Director artístico da Banda de Música Popular “Airiños do Morrazo”. E dende o ano 2006 aparte da dirección da mencionada agrupación dirixe á sua vez o Coro do Colexio de Avogados de Pontevedra.