Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes ás 22,30 h. chega a Tui o XVI Encontro dos Pobos

20/07/2009

O XVI  Encontro dos Pobos chega mañá a Tui

Será ás 22.30h na Praza de San Fernando, ou se chove no Teatro Municipal

 

Luns, 20 de xullo.  O XVI Encontro dos Pobos chega mañá martes a Tui tras iniciarse o pasado sábado en Tomiño e estar o domingo en Oia. Na cidade tudense a cita será ás 22.30h na Praza de San Fernando ou en caso de choiva no Teatro Municipal de Tui.

 

Este encontro co folclore organizado polo grupo "Do Lusco ó Fusco" da Guarda presenta este ano en Tui ao grupo "Tiscali Dorgali" de Cerdeña, Italia, xunto ao Rancho Folclórico de Vila Praia de Áncora de Portugal. Tamén participará o grupo tudense "Inquedanzas" de Pazos de Reis, e o grupo guardés "Do Lusco ó Fusco".

 

Esta actividade forma parte do Verán Cultural que organiza a Concellería de Cultura de Tui

 

XVI Encontro dos Pobos

Data e hora:  Martes, 21 de xullo, ás 22.30h

Lugar: Na Praza de San Fernando, ou se chove no Teatro Municipal de Tui debendo nese caso retirarse entradas dende ás 22h.